FALECE LEMMY KILMISTER, A LENDA INMORTAL DO ROCK AND ROLL

Martes, 29 Diciembre 2015 21:26 Visto by 2722 Peoples Escrito por 

FALECE LEMMY KILMISTER

Profile

Profile

Ian Fraser “Lemmy” Kilmister, lexendario fundador e vocalista da banda Motörhead, faleceu onte en Los Ángeles á idade de 70 anos acabados de cumprir.

 

“Non hai unha forma doada de dicir isto… o noso noble amigo Lemmy faleceu hoxe logo dunha curta batalla contra un cancro extremadamente agresivo”. Así comezaba o comunicado oficial que a banda publicou en Facebook non hai nin 24 horas, e que inmediatamente conmoveu ó mundo do rock and roll. O pasado 26 de decembro, a Lemmy diagnosticábanlle un cancro letal, que apenas dous días despois, sen case tempo a reaccionar, acabou coa súa vida.

 

Os que tivemos a sorte de poder velo actuar en directo sempre lembraremos a súa voz grave, rasgada, e aquela característica presenza que enchía os escenarios baixo o seu mítico bigote e un peculiar sombreiro. A derradeira actuación de Lemmy coa súa banda na Galiza aconteceu en xullo deste mesmo ano 2015, no Resurrection Fest (Viveiro), aínda que moitas foron as veces que Motörhead repartiu rock and roll pola nosa terra.

 

Vivir coma Lemmy significa vivir ó límite, pois, como se sabe, o seu sangue era xa un cóctel de Marlboro, Jack Daniel´s, speed e moitos excesos dos que nunca se arrepentiu na súa intensísima vida. No rock quedamos hoxe un pouquinho máis sos tras a partida dunha das lendas de referencia nesta música a nivel mundial. Lemmy foi un líder carismático dende que fundou Motörhead en 1975, banda que, tras percorrer un pequeno caminho polo mundo do rock dende os anos 60, lle regalaría os seus éxitos máis grandes. Acontece que, moitas veces, especialmente agora tras a súa morte, falar de Lemmy Kilmister é sinónimo de “sexo, drogas e rock and roll”, como ó longo desta xornada venhen amosando os medios de comunicación. No canto das Profiledúas primeiras palabras, é máis interesante e tamén máis acertado ponhernos a lembrar a terceira, faceta que indiscutiblemente definiu a súa vida e tamén a nosa. O rock and roll.

 

En 1980 “Ace of spades” e “Overkill” xa se escoitaban por todo o alto no Reino Unido e Motörhead era xa un icono do metal inglés, sendo conhecido tamén na escea internacional. Os anos e a experiencia fixéronlle xustiza á banda, que chegou a converterse en todo polo que hoxe en día lembramos ó seu “frontman”. Sen lugar a dúbidas, unha peza clave na historia do rock, cun premio Grammy ás súas costas. Máis de 50 anos de carreira musical, 40 deles en Motörhead, valéronlle a Lemmy para participar en 106 discos, 21 videos e DVDs, videoxogos, e publicar unha autobiografía, testemunho máis directo das súas vivencias no cumio do éxito.

 

Lemmy mantívose enriba dos escenarios ata o derradeiro momento, marchou rápido, sen avisar, pero deixando tras de sí unha obra de grande valor musical que xa forma parte da lenda do rock and roll e que, dende logo, xamáis imos esquecer.

 

Lemmy Kilmister (Stoke on Trent, Inglaterra, 24 de decembro de 1945 – Los Ángeles, Estados Unidos, 28 de decembro de 2015)

     

 

 

Profile

Profile

Profile

Profile

 

 

 

Valora este artículo
(1 Voto)
Modificado por última vez en Martes, 29 Diciembre 2015 22:26
Alba Moledo

Cornicas,Reseñas & Fotos

Email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Deja un comentario

Asegúrese de introducir toda la información requerida, indicada por un asterisco (*). No se permite código HTML.