A CANDELORIA PISA FORTE NA SUA IV EDICIÓN

Jueves, 09 Febrero 2017 14:07 Visto by 2115 Peoples Escrito por 

O festival A Candeloria chega un ano máis da man de grandes bandas do país coma Rebeliom do Inframundo ou Ruxe-Ruxe e outras coma Soziedad Alkoholika ou Gatillazo, que percorrerán varios kilómetros para facer vibrar Lugo por cuarta vez consecutiva nesta nova edición 2017.

 

O venres 17 de febreiro o Pazo de Feiras e Exposicións acollerá as actuacións de Talco, Aspencat, Desakato, Rebeliom do Inframundo, Arrhythmia, Falperrys e Tremenda Jauría.

 

O sábado 18, os asistentes poderán continuar a festa da man de Soziedad Alkoholika, Gatillazo, Dakidarría, Lendakaris Muertos, DeLombaos, Ruxe-Ruxe, Labregos no Tempo dos Sputniks e Ezetaerre.

 

O festival contará, ademáis, cunha zona de acampada, con acceso gratuito incluido na entrada, que se ubicará nun pabellón no mesmo recinto dos concertos, polo que non haberá que preocuparse polas inclemencias do tempo.

 

A zona de acampada abrirá as súas portas o venres ás 16.00 horas, pechará ás 14.00 horas do domingo e terá aforo limitado.

 

A Candeloria disporá tamén de outros servizos como autobuses, a feira Candeloria, sesión vermú e moito máis.

 

O evento nace da inquedanza dun grupo de lucenses pola normalización do galego na música, que quixeron dar continuidade á chamada Festa da Luz, que celebra o paso do inverno á primavera e da que xa van pola cuarta de moitas máis edicións. Avante Candeloria!

HORARIOS

Valora este artículo
(2 votos)
Modificado por última vez en Lunes, 13 Febrero 2017 16:59
Alba Moledo

Cornicas,Reseñas & Fotos

Email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Deja un comentario

Asegúrese de introducir toda la información requerida, indicada por un asterisco (*). No se permite código HTML.