Jorge Gómez “Beyond Blackened"

Miércoles, 30 Diciembre 2020 22:39 Visto by 455 Peoples Escrito por 

Traemos esta semana a reseña do EP de Jorge Gómez “Beyond Blackened".

Jorge Gómez é un guitarrista galego afincado en Madrid. E este traballo é seu primeiro disco de estudo. Gravado nos Metal Factory Studios con Alex Cappa, contou ademais coa

colaboración de Dani Garcia de Vita Imana, na batería. E con Antonio Bravo para ilustrar a portada.

O EP consta de catro temas:

Last Rites (4:17)

Despotic Disorder (4:04)

Emperor's Threads (5:37)

Hollow (4:53)

Last Rites comeza cunha inquietante melodia acústica que lembra ao início de Friend of Misery de Metallica e unhas liñas de batería potentes,como nos presta o toque de aro deste tema!,que van abrindo camiño a uns riffsProfile

agresivos e contundentes. Old-School Thrash Metal senduda!

Despotic Disorder é o segundo tema do EP. Progresións interesantes, riffs machacones e un potente solo de guitarra no minuto dous que nos dá algo de respiro para continuar movendo a

cabeza. Sen duda un tema digno de directo!

Emperor’s Threads, ten unha obertura progresiva e exótica que nos deixa fluir hacia riffs máis oscuros e agresivos a medida que avanza.

O tema promete no início pero quizá nos deixa faltas de epicidade progresiva ao final.

Hollow é o último corte deste EP. O tema máis tranquilo e cristalino dos catro que compoñen “Beyond Blackened”. Interesantes liñas de batería.

E fraseos que nos permiten adiviñar a alma musical de Jorge Gómez, que se debate entre a agresividade técnica do Thrash dos 80 e influencias do Metal Progresivo.

Algo de agradecer é que os tres primeiros temas do EP compartan liña conceptual. Son cañeros, pesados e resisten a escoita unha e outra vez.

“Beyond Blackened” é un disco potente.

Unha boa declaración de intencións dun músico, Jorge Gómez, que flúe sem problemas pola técnica, con exquisitas influencias musicais reflectidas neste traballo.

Que se ben non deslumbra pola orixinalidade agocha cousas interesantes que prometen!

Valora este artículo
(1 Voto)
Silvia666

Email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Deja un comentario

Asegúrese de introducir toda la información requerida, indicada por un asterisco (*). No se permite código HTML.