SIn City Devils “Ready for Madness"

Lunes, 25 Enero 2021 16:18 Visto by 830 Peoples Escrito por 

 

Ready for Madness, 2018, é o primeiro traballo da banda coruñesa “SIn City Devils".

Formada no 2015, seus integrantes actualmenteson: Red Kraken (baixo e voz), Chou King (batería), Stuntman Jaye Dannyboy (guitarras).

O disco recolle once temas cantados en inglés, estaría tremendo escoitar máis bandas galegas en galego, a atitude non é cuestión de idioma peñita! Fica aí a suxestión!

Mentiría se vos digo que “Sin City Devils" son unha banda de Punk Rock. Por que non se pode catalogar o que é louco e demencial! Influencias do Hardcore Punk dos 90's, do Rock Escandinavo, de bandas clásicas, e por suposto vixentes ainda, e o selo “feito na Coru neno" !

Mete nunha cocteleira BlackFlag, Turbonegro, Motörhead, un moito de bourbon e terás este hostiazo de disco!

TrackList :

0.       Intro

1.       AngryLily

2.       You

3.       Ready for Madness

4.       Anthem

5.       Dark Souls

6.       Far Away

7.       Last of my generation

8.       Scarred for life

9.       Here I Am

10.    Posters and flags

11.    Brothers on Bourbon

En tempos jodidos é de agradecer que bandas como “Sin City Devils” retraten nos seus temas a sociedade enferma na que vivimos.

Angry Lily, o meu favorito, “…no more tears, no more fear!, é o tema que abre máis que dignamente o disco. Un início potente, con compactados coros e solazos inspiradores.

Os temas van caendo directos e precisamente iso é do que acabas tendo ganas! De directo!

Ready for Madness,o tema que dá nome ao disco, é unha declaración de intencións. Potente, sexual,delirante. Galopadas metal e melodÍas máis que ben executadas!!

Last of my generation é outro tema a salientar! Rock’Roll señoras e señores. Ou como dicían os, proto-punk, Who: “Don't Try to dig what we all say (talkin' 'bout my generation)”

Hai colaboracións neste disco: López, (Just), en Anthem e David  Boozer, (Bastard son Parade), en Brothers on Bourbon.

Solvencia, ganas. O disco vai gañando coas escoitas. E se revela como un disco para “días de furia" sen dúbida! Pero sen esquecer o bon rollo melódico que rezuma en todos os temas!

O portadón dá boa fe, sí tamén se pode ter fe pero na desobediencia!, desta declaración de intencións, algo así como senta na cadeira do inferno e desfruta!

 

Pecha o disco Brothers on Bourbon unha oda à camaradería. O hino co que rematar unha boa noite de Rock’Roll

…E canta falta nos fai o Rock’Roll e bandas cañeras e sen complexos como “Sin City Devils”!

 

 

Valora este artículo
(3 votos)
Silvia666

Email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

1 comentario

  • Enlace al Comentario SANZ S4N7 Martes, 26 Enero 2021 17:16 publicado por SANZ S4N7

    Gustoume a paixón ca que se vai desenrolando a critica. Sempre é bo coñecer as intencións e os porqués do proceso creativo dun disco. Nesta crítica, déixase ver.
    Bo traballo. Bo disco e boa crítica.

Deja un comentario

Asegúrese de introducir toda la información requerida, indicada por un asterisco (*). No se permite código HTML.