Ready for Madness, 2018, é o primeiro traballo da banda coruñesa “SIn City Devils".
Formada no 2015, seus integrantes actualmenteson: Red Kraken (baixo e voz), Chou King (batería), Stuntman Jaye & Dannyboy (guitarras).
O disco recolle once temas cantados en inglés, estaría tremendo escoitar máis bandas galegas en galego, a atitude non é cuestión de idioma peñita! Fica aí a suxestión!
Mentiría se vos digo que “Sin City Devils" son unha banda de Punk Rock. Por que non se pode catalogar o que é louco e demencial! Influencias do Hardcore Punk dos 90's, do Rock Escandinavo, de bandas clásicas, e por suposto vixentes ainda, e o selo “feito na Coru neno" !
Mete nunha cocteleira BlackFlag, Turbonegro, Motörhead, un moito de bourbon e terás este hostiazo de disco!
TrackList :
0. Intro
1. AngryLily
2. You
3. Ready for Madness
4. Anthem
5. Dark Souls
6. Far Away
7. Last of my generation
8. Scarred for life
9. Here I Am
10. Posters and flags
11. Brothers on Bourbon
En tempos jodidos é de agradecer que bandas como “Sin City Devils” retraten nos seus temas a sociedade enferma na que vivimos.
Angry Lily, o meu favorito, “…no more tears, no more fear!, é o tema que abre máis que dignamente o disco. Un início potente, con compactados coros e solazos inspiradores.
Os temas van caendo directos e precisamente iso é do que acabas tendo ganas! De directo!
Ready for Madness,o tema que dá nome ao disco, é unha declaración de intencións. Potente, sexual,delirante. Galopadas metal e melodÍas máis que ben executadas!!
Last of my generation é outro tema a salientar! Rock’Roll señoras e señores. Ou como dicían os, proto-punk, Who: “Don't Try to dig what we all say (talkin' 'bout my generation)”
Hai colaboracións neste disco: López, (Just), en Anthem e David Boozer, (Bastard son Parade), en Brothers on Bourbon.
Solvencia, ganas. O disco vai gañando coas escoitas. E se revela como un disco para “días de furia" sen dúbida! Pero sen esquecer o bon rollo melódico que rezuma en todos os temas!
O portadón dá boa fe, sí tamén se pode ter fe pero na desobediencia!, desta declaración de intencións, algo así como senta na cadeira do inferno e desfruta!
Pecha o disco Brothers on Bourbon unha oda à camaradería. O hino co que rematar unha boa noite de Rock’Roll
…E canta falta nos fai o Rock’Roll e bandas cañeras e sen complexos como “Sin City Devils”!